Monday 29 de April de 2024

Alternativa de Cambre insiste no intento de engano do Goberno co avance do Plan Xeral


Alternativa dos Veciños de Cambre lamenta que o Goberno municipal siga a enganar aos veciños mediante a celebración de asembleas, igual que fixeron hai 4 anos en vésperas electorais. Con promesas de recalificacións tentan comprometer o voto dos veciños.

O documento que se expón é un avance dun Plan xeral, ao que lle espera unha tramitación superior a 4 anos, no que máis de 20 organismos teñen que informar e impoñerán unha serie de normas que se non se respectan non permitirán a aprobación definitiva do plan.

A primeira obriga para o Concello, a raíz da aprobación do avance, foi a suspensión de licenzas durante 2 anos. Polo tanto, xa só durante eses 2 anos non vai haber Plan, que será o prazo no que informarán as administracións. Posteriormente o Concello tería que aprobar o plan e remitilo á Xunta para a súa aprobación definitiva.

O engano, para que os veciños piquen, baséase nunha serie de planos que non serán os que se manden no seu día á Xunta para o trámite do Plan xeral. A historia repítese do mesmo xeito que hai 4 anos.